Proxecto de Dixitalización da provincia de Ourense no arte Medieval...
A finalidade do proxecto de dixitalización do patrimonio románico, da provincia de Ourense é a protección pola difusión do legado que o medievo deixa na provincia de Ourense (un das primeras en restos románicos da xeografía española). As políticas de protección poñen o acento na penalización das accións contra o patrimonio cultural esquecendo a concienciación da poboación; a dixitalización do románico da provincia de Ourense pretende protexer dito patrimonio dando a coñecer mediante un inventario dixitalizado e a posterior difusión de dito patrimonio con fins científicos, educativos e turísticos.
O primeiro traballo a realizar é a investigación e análise dos diferentes catálogos xa existentes (Inventario del patrimonio artístico y arqueológico de España, 1975; Angel del Castillo, Inventario Monumental y Artístico de Galicia,1987; Ourense guía Monumental, 1986; catálogos dos distintos Planeamentos Urbanos), que se completará co traballo de campo: confirmación dos monumentos rexistrados no traballo de gabinete, situación dos monumentos, ampliación con novos restos románicos e fotografíado dos monumentos.
Un segundo paso será a elaboración dunha base de datos que siga as premisas dun inventario artístico, coa finalidade de que dita base de datos adáptese á normativa galega. O terceiro paso consistirá na dixitalización propiamente dita. O recheo da base de datos (datos e imaxes) dos diferentes monumentos románicos da provincia de Ourense. O inventario dixitalizado permitirá protexer ao patrimonio de agresións (roubo e deterioros) ao mesmo tempo que xestionalo, sen esquecer o recurso que para a investigación (histórica e turística) suporía dita Base de Datos.
En cuarto lugar farase unha xeolocalización dos diferentes restos románicos coa finalidade de, primeiro ter ben localizadas as igrexas, e segundo proporcionar a descarga de coordenadas que permitan acceder aos monumentos mediante XPS.
Entrar »
|
|
